05 Mai 2012

Exposición “Ondas de Irmandade”

O centro socio-cultural de Paiosaco acolle ata o dia 13 de maio a exposición ”Ondas de Irmandade”, que mostra en paneis o centenario do asociacionismo mariñeiro nos portos de Pontedeume e Sada.

Alí poderedes ver tamén maquetas das embarcacións da época, fotografías, videos e cantigas, dende os primeiros anos do século XX ata a actualidade.

Moi recomendable para os que gustades da temática mariñeira.